O SendAres explora a beleza natural do río Sor

O programa municipal de sendeirismo SendAres 25-26 levou aos seus participantes ata o concello de Mañón para descubrir un dos enclaves máis fermosos e salvaxes do norte galego: a contorna do río Sor. A ruta realizada onte, de 12 quilómetros, seguiu o curso do río entre bosques e camiños de frondosa vexetación, desde as Ribeiras do Bispo ata […]
Martín Rodríguez Sanjuán, exemplo de dedicación e orgullo aresán!

A boa nova chegoulle a semana pasada en Santiago de Compostela: o veciño de Ares Martín Rodríguez Sanjuán foi recoñecio co Premio Ángela Ruiz Robles á excelencia académica no curso 2023-2024 polo seu expediente no Grao en Economía da Universidade da Coruña. Con el e Nuria Mahía Escudero, tamén galardoada con este premio, a vila e a súa […]
Memoria familiar, mitoloxía e suspense: Rober Cagiao presentou en Ares a súa nova novela ‘A Dama de Anboto’

Este venres pasado, o escritor de Bañobre (Miño) Rober Cagiao achegouse ata a vila para conversar co público arredor da súa nova obra, A Dama de Anboto, acompañado polo xornalista e escritor Pablo J. Rañales, e publicada tanto en galego (Calacán Editora) como castelán (VR Ediciones). Durante o encontro, a veciñanza mergullouse nas circunstancias creativas desta novela que combina mitoloxía vasca, […]