Miguel Carretero Rivas: un orgullo aresán no jiu-jitsu

O noso veciño Miguel, pertencente ao club de Ares Ártabros Team, colleitou nestes últimos meses sendos recoñecementos deportivos: acadou catro pódiums en dúas competicións de brazilian jiu-jitsu (BJJ) a nivel galego e europeo, levando o nome da vila por todo o territorio nacional. Primeiro participou na Galicia CUP BJJ 2025 celebrada o 13 de setembro […]
Ares propón un Magosto e Samaín familiares na pista cuberta do CPI As Mirandas

Todo listo para celebrar o Samaín e Magosto municipais na localidade aresá. Así o anunciou a Concellaría de Cultura, que desvelou as propostas desenvoltas dende o Concello para o vindeiro 9 de novembro ás 17:00 horas. A pista cuberta do CPI As Mirandas acollerá un abano de actividades destinadas ós pequenos e pequenas e ás […]
A Alianza Aresana acollerá o relatorio ‘Irracionalidade política na sociedade contemporánea’

O licenciado en Filosofía e tamén mestre de escola Juan Sanjurjo estará o vindeiro 6 de novembro, a partir das 19:30 h., no salón de actos da Alianza Aresana para reflexionar publicamente arredor da sociedade de hoxe e a súa relación co eido político. Baixo o nome ‘Irracionalidade política na sociedade contemporánea’, Sanjurjo debullará cuestións […]