‘A hora sinalada’: un libro para narrar o desarraigo e as transformacións identitarias da migración

O Espazo Lector Nobel da Coruña acolleu onte a presentación da novela A hora sinalada, obra coa que Rafael Catoira acadou o Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares 2025, publicada recentemente no catálogo de Hércules de Ediciones. No acto, o autor conversou coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, e coa editora de Hércules de Ediciones, Laura Rodríguez, arredor desta historia narrada […]
O Banco de Alimentos Rías Altas precisa de voluntarios/as en Ares para a súa recollida solidaria

Durante as xornadas do 7 e 8 de novembro, o Banco de Alimentos Rías Altas organizará unha recollida solidaria en Autoservicios Familia e Supermercados Froiz da nosa vila. Con todo, dende o Banco de Alimentos veñen de solicitar axuda: necesitan voluntarios e voluntarias que axuden a coordinar a recollida nos dous supermercados. Os interesados poden […]
Ares énchese de cultura e deporte neste último trimestre do ano

Os meses que restan deste 2025 chegarán á vila cunha axenda chea de actividades para todos os públicos: espectáculos musicais, actividades deportivas, eventos polo Nadal, obradoiros na Biblioteca Municipal de Ares… e moito máis! Se queres saber máis do programa municipal, consulta o calendario que deixamos aquí embaixo e vai marcando as propostas que máis […]
O Concello remata coa instalación do equipo de bombeo no aparcadoiro da Reitoral

A área de Urbanismo vén de informar da finalización das obras que se estaban a executar no aparcadoiro da Reitoral de Ares, no seu núcleo urbano, destinadas a incorporar un equipo de bombeo para a recollida de augas pluviais. Durante estas últimas semanas, os operarios instalaron dúas electrobombas somerxibles, xunto cunha tubería de impulsión de […]
O Concello incorpora 4 novos minipuntos limpos no termo municipal

Este novo mobiliario xa está operativo en Chanteiro, Redes, Cervás e Lubre, promovendo unha mellora das opcións de reciclaxe e tratamento de residuos tamén nos núcleos das parroquias. Con eles, a rede de minipuntos limpos fixos elévase ata 7, ao que se lle suma o móbil, que leva un percorrido itinerante ao longo do ano […]