Manifestación comarcal: Ferrolterra contra o xenocidio en Gaza

O Concello de Ares anima á veciñanza a secundar a manifestación comarcal en contra do xenocidio en Gaza que se promove o vindeiro 21 de decembro de 2025, convocada pola Plataforma Sanidade Galega con Palestina e a Federación de ANPAs de centros públicos de Ferrolterra. Comezará ás 12:00 h. na Praza Amada García, xusto diante […]

Cambio de data para a quinta ruta do SendAres 25-26

A Concellaría de Deportes vén de notificar o cambio de data do quinto itinerario que se promove no marco do SendAres, o programa municipal de sendeirismo; un roteiro deseñado para camiñar ao longo de Cabo Prior e Doniños. Inicialmente prevista para este domingo, 21 de decembro, a ruta adíase até o 11 de xaneiro por […]

O Concello mellora a pavimentación do Camiño das Pedras

Nestes últimos días veñen de rematar os traballos que se estaban a executar para incorporar un tratamento de aglomerado asfáltico sobre o camiño, que presentaba irregularidades na superficie, baches e un considerable desgaste. A intervención tamén ampliou o ancho para mellorar o tráfico e aumentar a seguridade vial no cruce de vehículos.   A Concellaría […]

Ares convida á veciñanza a unha xornada de portas abertas en fútbol sala feminino

Será no pavillón municipal o 30 de decembro a partir das 17:00 h.   O equipo Ares Futsal, fundado este pasado verán no municipio, e o Concello organizan conxuntamente unha xornada de portas abertas en fútbol sala feminino durante a tarde do martes, 30 de decembro. Poderase entrar en contacto coa pelota no pavillón polideportivo […]