O primeiro premio do MercAres xa ten gañadora!

Lucía Blanco, concelleira de Comercio, entregou o gran premio da campaña de fomento do consumo local esta mesma mañá no consistorio a Beatriz Vidal Díaz, a veciña agraciada co cheque por valor de 500 euros, ao mesmo tempo que lle trasladaba os seus parabéns. A gañadora poderá investir esa contía, que se dividirá en cantidade máis […]
Manualidades para pasalo ben en compañía na Biblioteca Municipal de Ares

A biblioteca da vila encheuse a semana pasada dos nenos e nenas que se animaron a participar nas propostas lúdicas do equipo técnico bibliotecario, dentro da programación festiva do Concello. Divididos en función da idade, lanzáronse a facer as súas manualidades e postais de Nadal e amosar toda a súa inventiva, imaxinación e creatividade, nos […]
Humor e música co teatro infantil de ‘Vicki e a felicidade’

Pequenos e maiores achegáronse o venres pasado até o salón de actos da Alianza Aresana para coñecer a historia de Vicki, un neno ao que lle encanta cantar e bailar nunha aldea pouco afeita á alegría e que decide embarcarse nunha viaxe na procura do segredo da felicidade, co obxectivo de devolvela aos seus veciños […]