Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de Baile Paso a Paso, nun evento organizado pola Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Ares coa colaboración do Concello. Unha tarde para gozar da danza, compartir e apoiar […]
A costa ártabra, protagonista dunha nova xornada do SendAres!

Ao longo da mañá de onte, o SendAres levou aos seus sendeiristas a percorrer un dos treitos máis espectaculares da costa ártabra, nun roteiro marcado pola paisaxe litoral e, nesta ocasión, polas condicións metereolóxicas. Ao longo de preto de 15 quilómetros, o grupo camiñou entre cantís graníticos, antigas baterías militares e sendeiros costeiros, coa compañía […]
Folga no transporte en autobús na provincia da Coruña

A Xunta de Galicia vén de informar da convocatoria de folga no sector de transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña, afectando ó servizo cotián de Ares tanto regular como escolar. A folga está convocada para hoxe mesmo, día 12, así como para as xornadas do 13, 16, 19, 20 e […]
O Concello promove dúas novas sesións da Academia AresXSaúde esta semana

Ao longo da xornada do 16 de xaneiro, a vila contará cun obradoiro centrado en almorzos e merendas saudables e unha charla divulgativa sobre a xestión da diabetes hoxe en día. Ambas iniciativas contan coa colaboración da Asociación de Diabéticos de Ferrolterra. O programa municipal centrado na divulgación de hábitos saudables entre a veciñanza, […]