Ares bailou pola solidariedade

Moita emoción e compromiso veciñal caracterizaron a tarde de onte no pavillón polideportivo municipal, unha xornada marcada pola nova actuación solidaria organizada pola Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro en Ares, coa colaboración do Concello. Da man da Escola de Baile Paso a Paso, o público asistente desfrutou dunha proposta artística que foi […]

A Academia AresXSaúde afonda na xestión da diabetes

O coñecemento arredor da diabetes foi o principal tema da última sesión da AresXSaúde, o programa municipal impulsado polo Concello para promover hábitos de vida máis sans entre a veciñanza. Ao longo da tarde do venres, Azucena Fernández, axente educativa da Federación Española de Diabetes, explicou como ter unha vida plena con esta condición metabólica, […]