Peche provisional da Biblioteca de Ares do 26 ao 30 de xaneiro

Por traballos de mantemento, a Biblioteca Municipal de Ares ficará pechada dende o luns, 26, até o venres, 30 de xaneiro, inclusive. Con todo, manterase o servizo de renovación de DNI previsto para o día 28 de xaneiro, ao realizarse no Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional situado no lateral das instalacións municipais. […]
O Concello de Ares acode a FITUR 2026 para salientar o seu atractivo turístico e cultural

Durante toda esta semana, a Feira Internacional de Turismo (FITUR) converte Madrid no epicentro do sector turístico cun evento onde institucións, operadores e axentes especializados tecen novas sinerxias. E Ares tamén está presente na súa programación, como parte da delegación do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas. Ata a capital española viaxou a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, […]