O SendAres despide a tempada entre bosques e fervenzas en Mondoñedo

Onte mesmo, o programa municipal de sendeirismo SendAres 2025-2026 puxo o broche final á súa tempada cun roteiro que levou aos participantes ata a contorna de Mondoñedo. O percorrido, de carácter circular, arrancou na histórica Fonte Vella, ás portas do casco antigo, para avanzar cara á aldea de Valiñadares entre carballos, castiñeiros e pequenos regatos […]