Nova pasarela de acceso á praia de Seselle

A praia de Seselle conta cunha nova pasarela de acceso que substitúe á anterior, que se atopaba moi deteriorada. A nova estrutura será desmontable durante os meses de inverno, para protexela das condicións meteorolóxicas adversas e prolongar a súa vida útil.
O pasado luns inaugurouse na Casa da Xuventude a mostra pictórica da aresá Gloria López.

A exposición reúne fermosos retratos de nenos e nenas en diferentes situacións cotiás, escenas cheas de naturalidade e tenrura que nos achegan un entrañable sorriso. 😊 No acto de inauguración estivo presente Alma Barrón, concelleira de Cultura do Concello de Ares, acompañando á artista na presentación da súa obra. A mostra poderá visitarse ata o […]
Xa está aberto o prazo de inscrición nas Actividades Deportivas Municipais 2026-2027.

Consulta toda a información e realiza a túa inscrición na seguinte ligazón: https://concellodeares.gal/actividades-deportivas-municipais-2026-2027/