Os Bolechas encheron a Alianza Aresana de nenos e nenas nunha tarde chea de música e risas con «Aquí hai moito ruído!»

Onte á tarde, a Alianza Aresana (Biblioteca Municipal) rexistrou un grande cheo de cativada e familias que gozaron ao máximo coa visita d’Os Bolechas, nunha función teatral que espertou un enorme entusiasmo entre o público máis pequeno da vila. Ao longo da representación, os nenos e nenas participaron activamente axudando aos populares personaxes de Pepe […]