50 participantes sumáronse ao XVII Open Dominó Concello de Ares

Comparte esta nota de prensa

Como xa é tradición na vila, o Casino Aresano acolleu unha nova edición do Open Dominó Concello de Ares con xogadores de toda Galicia animándose a participar neste campionato organizado pola Asociación Recreativa e Deportiva Xabre e a Federación Galega de Dominó, incluíndo a estreita colaboración do Concello.

50 xogadores achegáronse até as instalacións do Casino para entrechocar as súas pezas e, ao mesmo tempo que competían polos trofeos, prepararse de cara ao campionato estatal desta práctica deportiva.

Para a entrega dos premios, entre eles un cheque-abono aos nove primeiros postos destinado a sufragar a participación no Campionato de España de Dominó, acudiu a edila de Deportes, Alma Barrón.

RELACIÓN DE GAÑADORES

PARELLAS

– Vicente Cabarcos – Antonio Silvar, do equipo Xabre.

– Manuel Carballal – Martínez, do equipo Olivo.

– Desiderio Pérez – Norberto, do equipo Xabre.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista.  O encontro contou coa participación