O Servizo Municipal de Augas informa de que mañá, mércores, 15 de xuño, se procederá á interrupción temporal do subministro dende as 08:30 horas ata a finalización das obras de reparación dunha fuga. O corte abarcará as rúas Avenida de Mugardos —dende o edificio de Asturgal ata o cruce de Celso Emilio Ferreiro —; a rúa Celso Emilio Ferreiro ata o CPI As Mirandas e, finalmente, o Camiño das Maciñeiras.

Rogamos desculpen as molestias.