A praia do Raso xunto coa praia de Seselle ofrece as mellores camiñadas á beira do mar e unha visión inexplicable de toda a ría. Os seus 820 metros de longo xunto cos 1000 metros respectivamente fan que gozar dun paseo sexa unha decisión obrigatoria.
Lonxitude: 820 m
Ubicación: Zona semiurbana.
Acceso: Peonil, mediante rampas.
Grao de ocupación: Alto.
Composición: Area dourada de grosor medio.
Descrición: Praia tranquila con oleaxe moderada situada na enseada da ría de Ares.
Equipamento: Papeleiras, duchas e aparcabicis. Camping.