RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Nº 510/22
Alcalde-Presidente
D.Julio Ignacio Iglesias Redondo
Asunto: LISTA AGARDA AUXILIAR ADMINISTRATIVO – PROCESO DE SELECCIÓN OBRADOIRO EMPREGO REINICIA IX
A vista da Resolución da Alcaldía 469/22 de data 27-09-2022 na que aprobase a selección definitiva dos candidatos/as dos postos de Dirección, Docentes e Aux. Administrativo do obradoiro de emprego REINICIA IX.
Recibida instancia de Dna. Mª Begoña Filgueira Herva, con Rexistro Núm. 2022-E-RE- 1275 en data 10-10-2022 na que solicita RENUNCIAR ao posto de Auxiliar Administrativo do Obradoiro de emprego REINICIA IX por incompatibilidade co posto de auxiliar administrativo do Obradoiro de Emprego “Ártabroemprende III” do Concello de Miño, no que figura contratada.
Esta Alcaldía en uso das súas competencias, e mais concretamente segundo o establecido no Artigo 21 da Lei 7/1985 do 2 de abril Reguladora de Bases do Réxime Local,
RESOLVE:
Primeiro.- Aceptar a renuncia presentada por Dna. Mª Begoña Filgueira Herva.
Segundo.- Proceder coa seguinte na listaxe definitiva de aspirantes para o posto de Auxiliar Administrativo segundo a súa puntuación obtida por orde de maior a menor.
Terceiro.- Aprobar a seguinte na lista de agarda e comunicar ao señor alcalde a seguinte proposta para a súa contratación:
- Auxiliar Administrativo: Garcia Aneiros, Amparo
Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde-Presidente D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares a, once de outubro de dous mil vinte e dous, e do que eu como Secretario dou fe.