O Concello recupera o lavadoiro do río Baixolo en Seselle

Comparte esta nota de prensa

Esta mesma semana finalizou a súa rehabilitación, dignificando así unha construción con relevancia patrimonial, cultura e etnográfica procedente de 1928.

Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, e José Juan Vilar, edil de Obras, supervisaron o remate dos traballos no día de onte. 

O lavadoiro de Baixolo, construído na época indiana e unha parte fundamental da memoria colectiva da contorna de Seselle, xa amosa un novo aspecto tras a súa rehabilitación por parte do Concello. Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, e José Juan Vilar, edil de Obras, achegáronse ó lavadoiro para supervisar a finalización dos traballos, unha actuación que permitiu poñer en valor e recuperar unha infraestrutura do 1928, garantindo a súa conservación e fomentando o seu emprego racional.

Nos últimos meses, interveuse nas sección de formigóns orixinais para recuperalas, tras detectar varias zonas en mal estado, e tamén se paralizou todo o proceso corrosivo derivado da humidade ambiental coa pasivación das armaduras. Os traballos contaron cun orzamento de 23.573, 86 euros impostos incluídos, financiado entre o Instituto de Estudos do Territorio (12.530,37 euros) e o Concello (11.043, 49 euros) na anualidade pasada e na actual.

Co remate deste proxecto, consolídase a rehabilitación integral dun lavadoiro que actúa como un homenaxe a Gaspar Vizoso Cartelle; así consta na placa que o coroa e que lembra o altruísmo deste indiano aresán que traballou a prol do beneficio xeral da zona. A maiores do lavadoiro público, Gaspar Vizoso tamén sufragou a Escola Nacional de Seselle, xa co foco posto na mellora educativa dos nenos e nenas de Ares.

É precisamente o seu carácter histórico un dos motivos de maior valor do lavadoiro, un espazo que amosa os modos de vida e relacións sociais do pasado e que se configura coma un recurso etnográfico e cultural, directamente relacionado coa memoria colectiva de Ares.

Pódeche interesar

Notas de prensa

25N: Ares contra a violencia de xénero

O Concello de Ares súmase nestes días ás reivindicacións do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A celebración demanda