Ares, 29 de novembro de 2022. O salón de actos da Alianza Aresana acollerá este 3 de decembro unha iniciativa programada pola Concellaría de Cultura para que a veciñanza do municipio poida arrancar o último mes do ano a través do teatro. Trátase da peza “Unha obra para un barrio”, escrita e dirixida por Agustín Bolaños e representada polo grupo das Muiñeiras do Vento, dentro da asociación sociocultural de Canido Muíño do Vento.
A obra teatral arrancará ás 19:30 horas e terá entrada libre ata completar o aforo do salón de actos.