A Concellaría de Benestar e Igualdade, a través do departamento de Servizos Sociais, pon a disposición da veciñanza unha liña de tramitación das solicitudes no programa de Termalismo Social do IMSERSO.
A iniciativa, que conta con 192.000 prazas para a convocatoria de 2023, permite desfrutar dunha estancia en réxime de pensión completa nalgún dos balnearios adheridos á campaña cunha duración de entre 10 a 12 días. Inclúese tamén un tratamento termal supervisado por un servizo médico e actividades de ocio e tempo libre.
Na convocatoria do próximo ano, organízanse dúas quendas con cadanseu proceso de solicitude: unha de febreiro a agosto de 2023 (prazo máximo de solicitude: 9 de xaneiro) e outra de setembro a decembro de 2023 (prazo máximo de solicitude: 15 de maio).
Se estás interesado/a, os Servizos Sociais municipais poden axudarche contactando co 981 448 354 para solicitar a participación no termalismo social.
A maiores, premendo na seguinte ligazón atoparás toda a información dispoñible deste servizo de envellecemento activo: