Este xoves, 9 de marzo, pola tarde, a Agrupación Instrutiva de Caamouco acolle unha nova actividade de Rural Lab, a iniciativa posta en marcha pola Fundación Gabeiras para traballar na implementación de solucións sostibles e innovadoras en Montefaro e coa que tamén colabora o Concello de Ares.

Nesta terceira fase que arranca agora, celebrarase un obradoiro que sirva para contribuír á resolución das problemáticas detectadas pola veciñanza nas anteriores etapas do proxecto. Nuria Alonso, da Fundación Entretantos, dirixirá a sesión na que participarán membros da Agrupación e á que acudirán tamén representantes municipais do Concello.

A actividade é de carácter presencial e con participación aberta. Só será necesario inscribirse previamente no correo electrónico info@fundaciongabeiras.com.