SERVIZOS
Estimulación da memoria
Podoloxía
Audioloxia
Levamos servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.
Prestamos servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.
Percorremos os concellos para que os maiores poidan permanecer coidados na súa contorna.
INFORMACIÓN E CITA PREVIA
Teléfonos: 622 748 283 – 623 546 992
Email: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
ESTIMULACIÓN DA MEMORIA
A alta incidencia de deterioro cognitivo en persoas maiores fai aconsellable a valoración cognitiva e a intervención terapéutica como forma de previr e aminorar o proceso.
- Estimulación COGNITIVA
- Estimulación FUNCIONAL
- Prevención da DEPENDENCIA mediante hábitos de vida saudables
- Promoción do ENVELLECEMENTO ACTIVO
PODOLOXÍA
O coidado do pé adquire importancia co paso dos anos. Permite garantir autonomía e previr patoloxías que poidan resultar en complicacións médico-cirúrxicas.
- CONSULTA BÁSICA de podoloxía
- Corte e limpeza de UNLLAS
- Eliminación de DUREZAS, CALOSIDADES e HELOMAS
- Valoración do ESTADO XERAL DO PÉ
AUDIOLOXÍA
O deterioro auditivo pode afectar á integración sensorial e resultar nunha menor socialización. A revisión é importante para a prevención.
- CONSULTA BÁSICA de audioloxía
- EXPLORACIÓN funcional da audición
- PREVENCIÓN da perda auditiva