Álvaro Lamas explorou as paisaxes de Ferrolterra, Ortegal, Mariña Lucense e os seus arredores, e agora tráenos unha selección de imaxes que nos transportarán a estes lugares. O seu proxecto fotográfico, Lost in Woodlands Photography, revela en cada instantánea a súa visión e interpretación da natureza nestes rincóns da xeografía máis próxima a nós.
A mostra estará dispoñible ata o 27 de xuño, con horario de visita, de luns a venres, de 9:00 a 14:00h e de 16:30 a 19:30h.