Presentada por Celsa Formoso, coa colaboración de Lorenzo Capllonch, Carlos Galindo e Javier Rosado.
Este evento, servirá para trasladarnos ao bosque fósil de Seselle, que se formou hai uns 10.000 anos e rexurdiu grazas ás mareas vivas, ofrecendo unha visión que só se pode experimentar durante o equinoccio de outono. Amais, poderemos explorar os vestixios do antigo castelo e profundar nas características do humidal de O Ameneiral, todos eles ubicados dentro da mesma área.
Se sentes curiosidade pola historia e a riqueza natural da nosa contorna, non podes faltar a esta presentación!