PORTO DE ARES
O porto de Ares ten xeralmente augas mansas que permiten realizar deportes acuáticos durante todo o ano. Existen campamentos de verán nos que nenos de diferentes idades poden gozar tanto da praia, como deportes de vela ou mesmo breves clases de remo con verdadeiros profesionais da ACT.
Ademais, o Club Náutico de Ares conta con diversas actividades que varían dependendo do día ou das condicións meteorolóxicas, por iso é aconsellable comunicarse con eles para coñecer a información actualizada.
CLUB NÁUTICO DE ARES
Avenida Xeral Gabeiras, s/n, 15624 Ares
Teléfono administración: 981 46 87 87 / 677 44 88 95
WINDSURF
Ares conta cun equipo profesional de Windsurf que imparte cursos personalizados de iniciación e perfeccionamento: Windsurf Zona Norte
Av. Saavedra Meneses, 15624 Ares
Tel.: 679 49 68 86