Segunda ruta do SendAres completada!

Comparte esta nota de prensa

Nesta ocasión, o pasado sábado 25 participantes uníronse ao programa de sendeirismo municipal para explorar as Penas de Traba en Laxe. Durante a camiñada, puideron admirar as impresionantes formacións rochosas dos Penedos de Pasarela e Penedos de Traba, cada unha delas con nomes descritivos como “A Cachucha”, “A Aguia”, “A Tartaruga”…Estas estruturas que non só teñen un gran valor estético, senón que tamén son de interese científico ao axudarnos a comprender a evolución da paisaxe.

Ademais, desde a cima da Torre da Moa, os sendeiristas gozaron dunha vista espectacular da praia de Traba, considerada unha das mellores da Costa da Morte.

En total, percorreron ao redor de 16 quilómetros e capturaron algunhas fotografías como as que compartimos a continuación!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de