A través da proxección de vídeos e o debate, exploraron os elementos fundamentais dunha sociedade máis igualitaria.
A sesión estivo a cargo de Rubén Villar Trenco, psicólogo graduado pola USC e Axente de Igualdade de Oportunidades para a Muller.
Doutra banda, os estudantes de 4º da ESO tamén participaron nun encontro sobre agresións sexuais e violencia de xénero, baixo as actividades proporcionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade. A sesión foi impartida por María Angélica Mercado Torres, especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade.
Ambas as actividades, organizadas polo Centro de Información á Muller (CIM) municipal e o centro educativo, vincúlanse coa conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller 2023, que se celebra este sábado 25 de novembro.