CABALGATA DE PAPÁ NOEL
O domingo, 24 de decembro, a cabalgata de Papá Noel realizará un percorrido dende Redes (16:30 h., Praza do Pedregal), pasando polas diferentes parroquias que integran o noso Concello, ata a Alianza Aresana. Alí, aproximadamente ás 18:45 horas, deixará o seu trineo para recibir xunto aos seus axudantes a todos os nenos e nenas que desexen coñecelo de preto.
PERCORRIDO
- 16:30h – Praza do Pedregal (Redes)
- Barracido
- Mariña do Pombal
- Sesello
- Pedrós
- Chanteiro
- Cervás
- 18:45h – Ares (Recepción na Álianza Aresana)