CAMIÑA POLA IGUALDADE! 2024
9 DE MARZO
Saídas e chegadas dende a praza da constitución
Elixe o teu percorrido e inscríbete!
- RUTA 1: Andaina – 10 kms aprox. – 10:00h
Cunha dificultade media-baixa, é un itinerario que saíndo da praza da Constitución, discurrirá pola costa de Ares cara a Redes, ata achegarnos á Praza do Pedregal, para logo regresar á vila pola costa cruzando á praia do Raso ata chegar aos Castros e dende alí cara á Ponte da Ciscada enlazando co paseo marítimo e achegándonos finalmente ata a zona de chegada da andaina situada de novo na Praza da Constitución
-
- Nesta ruta permítense mascotas!
- Só para maiores de 10 anos.
- RUTA 2: O quilómetro da Igualdade – 1 kms aprox. – 12:30h
De dificultade baixa, trátase dun itinerario que con saída dende a Ponte da Ciscada, percorrera o paseo marítimo ata a Praza da Constitución.
INSCRICIÓNS: De maneira telemática en www.concellodeares.gal. As inscricións son de balde! Tes ata o 6 de marzo.