A fachada da casa consistorial de Ares conta estes días cunha iluminación particular, adoptando a cor lila como forma de apoiar simbolicamente o 8M, Día Internacional da Muller, e facer fincapé na necesidade de acadar a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres.
Así luce o concello pola noite!