Declaración institucional con motivo do 8 de marzo de 2024, Día Internacional da Muller

Comparte esta nota de prensa

A corporación municipal do Concello de Ares aprobou na última sesión plenaria de carácter ordinario, por unanimidade de todos os membros que a compoñen, adherirse á declaración institucional da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), facendo un chamamento a incorporar a perspectiva de xénero en todas as políticas públicas e programas, e garantindo que se tomen en conta as necesidades  e realidades de mulleres e nenas.

De igual manera, recoñécese o compromiso dos concellos galegos a promover a participación das mulleres na vida política e social local, procurando o fomento do liderado feminino e a paridade nas corporacións e nas alcaldías, baixo a idea de que aínda existen espazos políticos moi masculinizados. Tamén se recolle a relevancia de impulsar campañas de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero, brindando apoio ás mulleres vítimas dela.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN PDF: 8M FEGAMP 2024

Pódeche interesar