![2024-Presentacion Cinza-Ares](https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2024/04/CARTEL-PRESENTACION-CINZA.png)
Presentación da novela gráfica ‘Cinza’, de Manel Cráneo
O salón de actos da Alianza Aresana acollerá o venres, 19 de abril, ás 19:30 horas, o acto de presentación de ‘Cinza’ , un cómic do ilustrador Manel Cráneo que adapta a novela ‘A nosa cinza’ do escritor Xavier Alcalá, xa considerada coma un dos grandes best-sellers da literatura galega.
O acto de presentación enmárcase dentro da programación do Día do Libro que realiza a Concellaría de Cultura de Ares.