O Concello organiza a charla ‘Alimentación saudable: come con xeito’ o próximo xoves

Comparte esta nota de prensa

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá este 6 de xuño ás 20:00 horas unha ponencia para que a veciñanza poida aprender como facer un prato equilibrado en termos de nutrintes e reparto de enerxía, recomendacións alimentarias básicas e outras cuestións vencelladas cunha dieta saudable.

A iniciativa, inscrita dentro da Academia AresXSalud, estará impartida por Alén Porto Figueiroa, dietista nutricionista.

As Concellarías de Deportes e Benestar programarán este xoves, 6 de xuño, unha nova charla divulgativa no marco da Academia AresXSalud, un ciclo de ponencias para achegar bos hábitos e formas de coidarse con maior calidade no día día da man de especialistas.

A Alianza Aresana será o espazo que acollerá a charla ‘Alimentación saudable: come con xeito’ ás 20:00 horas, unha cita destinada a toda a veciñanza que desexe aprender a alimentarse correctamente, incorporando unha proporción adecuada de nutrintes e entendendo as súas necesidades enerxéticas para realizar un reparto correcto de alimentos.

Con todo, tamén haberá oco para analizar como é un prato ideal en termos de nutrintes, que impacto ten o alcohol no noso corpo e unha quenda aberta ás dúbidas habituais cando nos sentamos a pensar como comer mellor.

Para impartir a ponencia, achegarase a Ares Alén Porto Figueiroa, dietista nutricionista certificado polo Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,