Embarcacións tradicionais navegan na ría polo IV Memorial Nancho Real

Comparte esta nota de prensa

A XXI Concentración de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes – IV Memorial Nancho Real disputouse cun vento que respectou a organización do evento durante a xornada do sábado, 20 de xullo.

Quen ollase cara a ría atoparía unha imaxe singular grazas a esta regata que xa supera os trinta anos materializándose na contorna de Redes, coa colaboración do Concello, e que achega unha tipoloxía de barcos cunha estética moi particular. Alí estivo, en representación institucional, a edila Olimpia Marcos.

Pódeche interesar