O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na contorna de Cortiñas Gil, no núcleo urbano de Ares.

Lembra que poderás depositar nel os seguintes residuos domésticos:

  • Pilas e baterías
  • Lámpadas e tubos fluorescentes.
  • Aceites minerais.
  • Aceites vexetais.
  • Pequenos electrodomésticos.
  • Roupa e calzado.

Aproveita e desfaite do que non precises para que poida ser tratado adecuadamente!