As Concellarías de Deportes e Urbanismo veñen de informar do inminente comezo das obras de renovación do pavillón polideportivo de Ares, que inclúen a substitución e mellora da cuberta, iluminación, envolventes ou mesmo o sistema de auga quente sanitaria. En consecuencia, suspéndense as actividades que se desenvolven nel dende o 16 de agosto, incluído o uso do ximnasio municipal.
O prazo de execución das obras é de catro meses, polo que as actividades de adultos e escolas deportivas que utilizan a instalación serán reubicadas ata a súa infalización. A reubicación será no edificio sociocomunitario de Seselle e/ou na pista exterior do CPI As Mirandas.
Proximamente anunciaremos as datas de inscrición para ambos programas deportivas con estas particularidades nas ubicacións.