Chungo que te cagas! Este berro reivindicativo de Peter Punk, xa parte da súa idiosincrasia no mundo do espectáculo galego, resonou de novo na Praza da Constitución de Ares o venres pasado dentro da súa nova proposta, ‘Con lingua propia’.
Peter Punk xogou co humor e o seu característico estilo punk para que os rapaces e rapazas reflexionasen ao carón das súas familias sobre a situación sociolingüística do galego, facendo brincadeiras sobre un contexto que é, en realidade, difícil de afrontar. Os xogos máis visuais de pallaso mesturáronse con malabares de palabras e coa ambigüidade para que cativada e adultos soltasen as súas gargalladas, mais sobre todo reflexionasen a través da risa.
Un espectáculo que promoveu a Concellaría de Cultura para non deixar de xogar coa lingua de cada un, pero tampouco coa lingua da comunidade!