Envellecendo en Ares

Se queres sumarte a algunha das 4 tipoloxías de obradoiros que promove a Concellaría de Igualdade e Benestar na vila para os maiores de 55 anos empadroados/as no municipio, lembra que o proceso de inscrición remata este venres, 20 de setembro. No marco do programa ‘Envellecendo en Ares’, atoparás…

  • Obradoiros de memoria para traballar a estimulación cognitiva e exercitar as principais facultades mentais na retención de información.
  • Obradoiros de lectoescritura, con sesións orientadas a mellorar a expresión de ideas, pensamentos e emocións, algo que contribúe enormemente ao benestar da persoa e ao seu desenvolvemento cotián, tamén estimulando o cerebro na conexión entre lectura e e escritura.
  • Obradoiro de risoterapia, para liberar o estrés do día a día e aproveitarse dos beneficios mentais e emocionais que nos achega a risa; o humor como ferramenta para aumentar a nosa calidade de vida!
  • Obradoiro de smartphone, unhas sesións para aprender a manexar o teléfono móbil intelixente e as súas aplicacións máis útis: galería de fotografías, cámara, banca electrónica, aplicación do SERGAS, e-mail…

As inscricións estanse a tramitar de xeito presencial no Departamento de Servizos Sociais de Ares sito na Praza da Constitución. Con todo, habilitouse o número de teléfono  981 448 354 para resolver dúbidas ou ampliar información.