Resulta que pola Biblioteca Municipal de Ares a semana pasada aconteceu algo insólito: houbo desaparicións, moito misterio e sobre todo unha misión de investigación para rescatar a uns cantos rapaces e rapazas atrapados!
A partir do libro de Antía Yáñez ‘Plan de rescate’, e coa propia autora guiando os pasos da mocidade aventureira, a Alianza Aresana transformouse nunha scape room chea de pistas e obxectos enigmáticos.
Todo un reto para a rapazada de 7 a 12 anos organizado pola Concellaría de Cultura dentro do programa ‘Ler conta Moito’ da Xunta de Galicia.