Como testemuño do pobo de Ares polo falecemento tras o tráxico accidente do mozo de 14 anos Lucas Seijo, veciño de Chanteiro, desaparecido o pasado venres e atopado sen vida no mediodía do 28 de setembro,
Facendo uso das atribucións que me confire o art. 21 da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local,
RESOLVO
PRIMEIRO. Declarar tres días de loito oficial a contar desde a sinatura deste decreto, desde as 00,00 horas do día 29 de setembro até as 23,59 horas do día 1 de mes de outubro, durante os cales as bandeiras, en todos os edificios municipais, ondearán a media asta.
SEGUNDO. Amosar a condolencia e solidariedade deste Concello e de todos os veciños de Ares á familia de Lucas Seijo.
TERCEIRO. Suspender todos os actos públicos oficiais organizados polo Concello de Ares, durante o tempo que dure o loito oficial.
A Corporación Municipal expresa o seu máis sentido pésame e condolencia á familia e amigos, pola perda do seu ser querido.