O domingo, 13 de outubro, o Casino Aresano converterase en sede do Torneo de Xadrez Concello de Ares! Unha iniciativa para os amantes deste deporte mental que se producirá tanto de mañá como de tarde.

Na procura de partidas vistosas e dinámicas, aplicarase un ritmo de xogo de 20 minutos baixo unha modalidade denominada como ‘suíza’, onde se hibrida un sistema de liga e copa e se favorece, no caso dos desempates, ás persoas con adversarios máis fortes atendendo á clasificación xeral.

Se estás interesado/a, lembra que a participación xeral é de 5 euros, pero haberá excepcións para os residentes en Ares, que non terán que pagar ningunha cuota unha vez acrediten a súa condición de empadroado/a na vila.

De cara a reservar praza, pode facerse ben por correo electrónico, contactando con xoanrei@gmail.com, ben por teléfono no 655 796 421, até o mesmo  13 de outubro ás 10:30 h.

Máis información en https://concellodeares.gal/o-torneo-de-xadrez-concello-de-ares-volve-a-vila-para-celebrar-a-sua-oitava-edicion/