Como detectar os principais síntomas do alzheimer? Que sinais de alerta envía o corpo para decatarnos do seu posible inicio? Ou como xestionamos a autonomía das persoas con demencia na cotiandade?
Esas son algunhas cuestións que se abordarán na próxima semana en Ares, no marco das dúas charlas que promove a Concellaría de Benestar e Igualdade en colaboración con Afal Ferrolterra. Unhas sesións que achegan coñecemento á veciñanza para que aprendan a mellorar na súa relación co alzheimer, adquirindo ferramentas a aplicar no día a día.
Será en dous días distintos, os vindeiros martes, 15, e xoves, 17 de outubro, no salón de actos da Alianza Aresana, de 16:00 a 18:00 horas.
Lembra que o proceso de reserva de praza xa abriu, habilitándose tres vías para inscribirse: de xeito presencial no Departamento Municipal de Servizos Sociais, contactando vía e-mail con servizos.sociais@concellodeares.com ou por teléfono no 981 468 102.