A veciñanza voluntaria completa a limpeza do río Frades

Comparte esta nota de prensa

No marco da xornada adiada de ‘Móllate polos ríos’, os voluntarios e voluntarias que se sumaron á iniciativa de limpeza das contornas fluviais galegas coordinada por ADEGA, en colaboración coa Concellaría de Medioambiente, achegáronse onte ó nacemento do río Frades para extraer del todo refugallo contaminante.

A acción ecolóxica tamén permitiu eliminar a colmatación dos lavadoiros anexos ó Mosteiro de Santa Catalina, cunha considerable carga de sedimentos. Despois da limpeza dos dous ecosistemas fluviais, rexistrouse unha extracción de 250 kilos de lixo e refugallos por parte do voluntariado, retirado posteriormente polos traballadores municipais do Concello para o seu correcto tratamento. Dos tres últimos anos, foi esta a xornada con máis eliminación de elementos contaminantes.

Toda a iniciativa produciuse co obxectivo de lembrar a importancia da protección dos nosos ríos e da nosa natureza, coidando así da biodiversidade que albergan.

 

Pódeche interesar