O Concello Ares finaliza a intervención “PROXECTO DE MELLORA E TRATAMENTO DE CAMIÑO AO CARÓN DO LITORAL DA BAILADOIRA – MONTEFARO – ARES” cun orzamento que ascende a 79.958,34 € (IVE Engadido) e financiada co Procedemento: Subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TU503G).

A financiación outorgada por Turismo de Galicia ascende ao 90% do orzamento subvencionable da actuación presentada, chegando a subvención proposta a esta Entidade ao importe de 71.962,51 €, e recibida ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2023 do director de Turismo de Galicia establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TU503G) (DOG núm. 25, do 5 de febreiro de 2024).

O proxecto plantexado por esta entidade “PROXECTO DE MELLORA E TRATAMENTO DE CAMIÑO AO CARÓN DO LITORAL DA BAILADOIRA – MONTEFARO – ARES encadrase na Liña 1: Transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, e que conta coa documentación esixida nas bases da convocatoria.

A intervención céntrase en executar unha transición verde e ecolóxica desde o trazado actual do camiño asfaltado do mosteiro de Santa Catalina coa senda peonil verde ata as baterías e o miradoiro da Bailadoira.

O obxecto do presente proxecto consiste no acondicionamento do camiño municipal que comunica o Mosteiro de Sta Catalina catalogado como BIC co Miradoiro da Bailadora na contorna da batería militar desde a cal se pode contemplar a entrada á ría entre os castelos da Palma e San Felipe.

Preténdese acondicionar coa achega de saburra cemento que dea estabilidade ao pavimento, xa que actualmente está moi degradado pola gran cantidade de auga que arrastra desde as partes máis altas da zona.

Todo o tramo está deteriorado, a superficie actual de saburra presenta unha densidade elevada de fochancas, de surcos de escorrentía e de inestabilidades, o que orixina que a accesibilidade ás baterías da Bailadoira e ao miradoiro estea condicionada polas condicións atmosféricas reinantes.

Desta forma poderase, así mesmo, gozar da biodiversidade da flora e da fauna locais, con importantes puntos de interese turístico, como son a praia de Chanteiro, a única de mar aberto do concello, e as históricas baterías militares do Segaño, de Fonteseca, de Montefaro e da Bailadoira, creando novos atractivos turísticos a través da creación de novos roteiros polas zonas verdes.

Coa intervención tamén se logrará a restauración ambiental da zona, a través da senda peonil, que permitirá o mantemento da costa e do turismo sostible, ao tratarse na actualidade dun ecosistema perturbado e danado. Deste xeito poñerase en valor a biodiversidade e a dinámica do ecosistema orixinal, así como a corrección das transformacións das accións atmosféricas.