1.- Obxecto
Esta bases teñen por obxecto regular o procedemento para a concesión de axudas ( Agasallos de Nadal), destinadas ás familias do concello de Ares , nel empadroadas, que cumpran cos requisitos establecidos nestas bases e que teñan menores a cargo. A campaña vai dirixida aos menores empadroados en Ares que, á data da festividade de Reis da correspondente convocatoria, non teñan cumpridos 17 anos.
As axudas reguladas nestas bases teñen o carácter de prestación de carácter asistencias aos efectos do artigo 2,2 a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2.- Persoas beneficiarias e requisitos
2.1.- Poderán solicitar estas axudas os representantes legais –pai, nai ou titor/a– dos/as menores que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar empadroado/a e residir no concello de Ares , cunha antigüidade mínima de seis meses.
- No caso de ser o titular da garda e custodia, convivir e estar empadroado/a cos/as menores para os que se solicita a axuda (comprobarase de oficio).
-No caso das custodias compartidas, so terase en conta unha solicitude e terá prioridade a solicitude do proxenitor convivinte.
- Que os ingresos económicos da unidade familiar non superen os máximos establecidos nestas bases.
- Que o menor beneficiario da axuda non teña cumpridos 17 anos na festividade de Reis da convocatoria
-Presentar, en tempo e forma, a documentación esixida no punto 4 das bases.
2.2.-Aos efectos destas bases considéranse incluídos na unidade familiar de convivencia os seguintes membros (sempre que convivan no mesmo enderezo):
-O pai, nai, titor legal, cónxuxes e parellas de feito.
-Os fillos maiores e menores de idade de calquera das persoas anteriores.
-Os ascendentes do pai, nai, titor legal, cónxuxes e parellas de feito Así mesmo, teranse en conta as seguintes circunstancias familiares:
- De conformidade co previsto na Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, enténdese por familia monoparental o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva coa outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos e fillas ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento, que acrediten esta situación mediante sentenza de separación/divorcio (matrimonio) ou garda, custodia e alimentos (para parellas de feito). Neste caso de parellas de feito separadas, cando ambas proxenitores consten no Libro de familia ou documento que legalmente o substitúa, para ser considerada familia monoparental deberán acreditar esta circunstancia mediante documento do Xulgado que outorgue a custodia ou tutela dos fillos a un dos
-Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o destinatario da axuda será o pai ou nai que teña atribuída a custodia do menor, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza xudicial.
-No suposto de acollemento, o destinatario da axuda será a persoa ou persoas que teñan adxudicada por resolución administrativa ou auto xudicial.
-En ningún caso poderán ser destinatarios da axuda os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos, ou se a tutela ou a garda fora asumida por unha institución pública.
3.- Solicitudes e prazo
Os/as solicitantes deberán presentar a súa instancia (Anexo I, II e III así como toda a documentación precisa ) no Rexistro Xeral do Departamento de Servizos Sociais do Concello ou tramitala por calquera das formas previstas no art. 16.4 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, dende o dia 02 de Decembro ata o dia 20 de Decembro (ambos inclusive) .
As solicitudes presentadas fóra de prazo non serán admitidas.
4.- Documentación
Deberá presentarse a seguinte documentación:
1.- Modelo normalizado de solicitude debidamente cuberto e asinado, no que se especificará o nome dos/as menores para os que se solicita a axuda (Anexo I).
2.- Anexo II (declaracións responsables) e anexo III (autorización solicitude datos á Axencia Tributaria (para cada membro da unidade familiar de convivencia maior de 16 anos) debidamente cubertos e asinados.
3.- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, Permiso de Residencia ou Pasaporte de todos os membros da unidade familiar.
4.- Fotocopia completa do libro de familia ou documento análogo (acta ou partida de nacemento)
5.- Xustificación da situación económica de todas as persoas que compoñen a unidade familiar maiores de 16 anos, entendendo por tal todos os membros empadroados no domicilio con vínculo familiar ou relacional, achegando a seguinte documentación:
- Se está en situación de desemprego:
- Informe de vida
- Se tivo actividade laboral durante o exercicio natural no que se publica a convocatoria, nóminas xustificativas dos ingresos
- Certificado emitido polo Servicio Público de Emprego Estatal que xustifique o cobro ou non de prestación/ subsidio por
- Certificado emitido polo INSS que xustifique o cobro ou non de pensións/axudas públicas( incluído o Ingreso Mínimo Vital)
- Se está actualmente en activo por conta allea:
- Informe de vida
- Copia das seis últimas nóminas.
- Se está actualmente en activo por conta propia:
- Informe de vida
- Copia das auto liquidacións trimestrais de IRPF e IVE correspondentes ao exercicio natural no que se publica a
6.- En caso de divorcio ou separación legal, copia da sentenza e do convenio regulador. En situacións de non pagamento, copia da solicitude de execución da sentenza presentada perante o xulgado ou xustificante do inicio das actuacións.
7.- Perceptores de RISGA: a documentación figura no departamento de Benestar Social, polo que non terán que achegar o xustificante da contía mensual e soamente terán que presentar a solicitude facendo constar que son perceptores/as de RISGA.
8.- O Departamento de Benestar Social poderá solicitar calquera outra documentación que se estime necesaria para poder valorar a situación de necesidade.
9.-.Certificado Conta Bancaria.
5.- Tramitación e resolución das solicitudes
O procedemento para a tramitación das solicitudes presentadas será o seguinte:
- As solicitudes presentadas serán avaliadas polo persoal técnico dos Servizos
- Unha vez avaliadas, publicarase unha listaxe de solicitantes admitidos e excluídos con indicación dos motivos de exclusión, determinando, de ser o caso, un prazo de 10 días hábiles para emenda da documentación.
Excepcionalmente, o persoal técnico de Servizos Sociais poderá incluír de oficio menores beneficiarios desta axuda sempre que a excepcionalidade quede acreditada no expediente mediante informe técnico.
- Unha vez resoltas as emendas, aprobarase unha resolución coa listaxe de axudas
Os sucesivos actos administrativos do procedemento serán obxecto de publicación no Taboleiro de edictos da Sede electrónica municipal.
6.- Criterios de avaliación
As solicitudes valoraranse tendo en conta o seguinte criterio
. 1.- Baremo económico
No baremo económico terase en conta 1,5 veces o IPREM, incrementando un 15% por cada novo membro da unidade familiar, e cun límite de 1.579,09€, segundo o seguinte baremo (para o 2024):
Número de membros da unidade familiar | Contía |
2 |
900 € |
3 |
1035 € |
4 |
1.190,25 € |
5 |
1.368,78 € |
6 | 1.574,09 € |
2.- Non se computarán os ingresos procedentes de acollemento familiar, coidados no entorno por coidador/a familiar, nin de prestación por fillo/a a cargo.
7.- Contía da axuda
A contía da axuda será de 60 € por menor, e farase efectiva a través dunha transferencia bancaria que se aboará á familia beneficiaria polo importe total da axuda concedida en función dos menores que conteña e se trocará por xoguetes, CDs, libros, roupa deportiva, artigos de deporte o calquera material ou instrumento relacionado coas novas tecnoloxías.
8.- Xustificación
As familias beneficiarias deberán entregar ao Departamento Técnico de Servizos Sociais as correspondentes facturas da compra dos agasallos de nadal para os seus fillos dende o dia 8 de Xaneiro de 2023 ata o 31 de Xaneiro de 2024 (de non presentar dita documentación será excluído para a seguinte convocatoria e repercutirá na concesión de posibles axudas municipais do departamento de Servizos Sociais).