Vaites Rapariga en Ares

Un ‘western’ para narrar as historias e melodías do Noroeste de Galicia

Comparte esta nota de prensa

A cabalo entre o Salvaxe Oeste americano e o Feroz Noroeste Galego, Carmen ‘Lingua Afiada’ Conde e Su Garrido ‘Guitarra Lenta’ Pombo desembarcaron no salón de actos da Alianza Aresana o venres pasado para contar con música en directo as formas que teñen os galegos e galegas de buscarse a vida.

Empregando a comedia negra como ferramenta de narración oral, as dúas integrantes de Tarabela Creativa construíron sobre o escenario unha estética das películas de vaqueiros e dispararon historias para rir e perderse no seu surrealismo.

Voz, pandeireta, guitarra e loops axudaron a que a veciñanza pensanse sobre os xeitos que temos en Galicia de explorar o territorio e afrontar os conflitos.

Espectáculo promovido pola Concellaría de Cultura no marco da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Pódeche interesar