Unha exploración dos grandes debates do transhumanismo da man de Manuel Sanlés

Comparte esta nota de prensa

O salón de actos da Alianza Aresana acolleu o venres pasado a presentación do libro ‘El transhumanismo en 100 preguntas’, unha fonda reflexión arredor dos dilemas tecnolóxicos do século XXI escrita por Manuel Sanlés, licenciado en Filosofía con ampla experiencia na docencia en secundaria.

Sanlés contextualizou as claves da súa obra, formulando cuestións arredor da relación das persoas coa tecnoloxía e como esta última, con cada vez maior presenza das intelixencias artificiais, está a transformar tanto a nosa sociedade como as nosas capacidades humanas.

A actividade contou coa participación da concelleira de Cultura, Alma Barrón, quen conversou co autor para debullar ata onde chegan os límites do progreso tecnolóxico e a fronteira entre o ser humano e o non-humano. A xornada serviu tamén para achegar á veciñanza un tema de plena actualidade cun enfoque pedagóxico.

Un evento para pensarnos e debullar o futuro que vén!

 

Pódeche interesar