Onte, 19 de xaneiro, os participantes da cuarta ruta do programa SendAres exploraron os sendeiros costeiros da parroquia de Cervás nun percorrido de 10 quilómetros que combinou natureza e deporte.
A ruta comezou no aparcadoiro xunto ao cemiterio da parroquia e levou aos sendeiristas por paraxes únicas da costa aresá. Con paraugas e chuvasqueiros coma compañía, puideron gozar sen problemas desta xornada na que tamén se sumaron, por primeira vez na historia do programa de SendAres, seis persoas con discapacidade auditiva, completando todo o percorrido ata o CIRS Cervás e dotando de carácter inclusivo á iniciativa deportiva.
Cervás revelou así a súa riqueza paisaxística ofrecendo aos excursionistas unha experiencia idónea para desconectar, explorar e desfrutar da contorna natural do noso municipio.