Ares aborda as complexidades da menopausia na Academia AresXSalud

Comparte esta nota de prensa

O salón de actos da Alianza Aresana acolleu este venres pasado unha nova sesión da Academia AresXSalud, o programa promovido polas Concellarías de Deportes e Igualdade que achega até a localidade a diferentes expertos en materia de saúde para divulgar coñecemento á veciñanza interesada.

Borja Fernández Pita, graduado en Ciencias do Deporte e da Actividade Física cun máster en Psiconeuroinmoloxía, impartiu a súa ponencia, ‘Cíclica, única, cambiante: mitos e verdades da menopausia’, ofrecendo ferramentas para afrontar este período de vida das mulleres co benestar posible.

A maiores, tamén debullou como o pulso hormonal determina a conduta e as posibilidades ao alcance para afrontar os síntomas da menopausia. E coma xa é común en Academia AresXSalud, houbo espazo para resolver dúbidas e fomentar a participación dos veciños e veciñas na sesión.

 

Pódeche interesar