O andar superior da instalación municipal albergará unha mostra composta por diferentes paneis e materiais gráficos que narra a historia de Nagalaskshmi, parte do primeiro grupo de mulleres formadas pola Fundación Vicente Ferrer como conductoras de autorickshaw, un mototaxi típico da India.
A exposición estará dispoñible dende o 3 ao 14 de marzo, achegando un relato que fala de superación, empoderamento e resiliencia das mulleres para romper todo tipo de prexuízos e estereotipos.
A Casa da Xuventude de Ares sita no núcleo urbano da vila acollerá nas próximas semanas a exposición ‘Destino Igualdade’, como parte da colaboración da Concellaría de Cultura coa Fundación Vicente Ferrer, unha ONGD comprometida co desenvolvemento integral das comunidades máis vulnerables do sur da India e Nepal.
Dende o 3 ao 14 de marzo, o andar superior da Casa da Xuventude contará con diferentes materais para narrar a historia de Nagalaskhmi, unha condutora dos típicos mototaxis da India, os autorickshaw, rompendo desta forma os roles, estereotipos e prexuízos de xénero. A súa é unha experiencia de resiliencia, superación e empoderamento, como a do resto de mulleres que integran o grupo de conductoras formado pola Fundación Vicente Ferrer.
Na exposición ‘Destino Igualdade’, as persoas que se animen a percorrela poderán realizar unha viaxe na autorickshaw de Nagalaskhmi con 4 paradas ou retos: a educación de calidade, o liderado social, a independencia económica e a seguridade alimentaria. 4 paradas que camiñan cara un mesmo destino: a igualdade.
A mostra, financiada Xunta de Galicia e Cooperación Galega, estará dispoñible no horario de apertura da Casa da Xuventude: de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.