Continúa no CPI As Mirandas a campaña ‘Senta con nós!’

Comparte esta nota de prensa

A comunidade educativa do CPI As Mirandas segue durante estas semanas a recompilar botellas de auga e tapóns no punto instalado en febreiro polo Concello, dentro da campañaSenta con Nós’ da área municipal de Medioambiente.

E xa se vai enchendo de plástico grazas ao estudantado do colexio público, un xesto diario que terá tamén impacto no futuro, pois co recollido poderase fabricar un banco e unha papeleiras de material reciclado que se colocarán nas propias instalación do CPI As Mirandas. Recicla hoxe, séntate mañá!

A campaña tamén conlevou o reparto de máis de 450 marcapáxinas a modo de flyers entre a mocidade de Ares, aproveitando o potencial de divulgación dos nenos e nenas, capaces de transmitir a sensibilidade medioambiental até as súas familias e axudando a incorporar bos hábitos de reciclaxe na rutina.

Podes atopar toda a información de Senta con Nós na seguinte ligazón: https://concellodeares.gal/o-concello-desprega-a-campana-senta-con-nos-unha-recollida-de-botellas-de-auga-e-tapons-para-involucrar-a-comunidade-educativa-de-ares-na-sensibilizacion-medioambiental/

 

Pódeche interesar