Pasou o Entroido en Ares!

Comparte esta nota de prensa

Maiores e pequenos gozaron do Entroido este mércores dentro da programación que deseñou a Concellaría de Cultura durante a tarde. Chocolate quente, orellas, música ambiente, un photocall, inchables, minikarts… a pista exterior do CPI As Mirandas transformouse nun espazo lúdico para celebrar a festa galega.

Tamén houbo tempo neste Entroido para sumarse ós obradoiros de maquillaxe e chapas e mesmo probar sorte no sorteo de agasallos que se realizou entre as persoas que foron disfrazadas. E todo o evento concluíu, coma en anteriores anos, coa tradicional queima do entroido na praia urbana de Ares.

Na iniciativa colaboraron o corpo de voluntariado de Protección Civil de Ares, o Grupo de Gaitas Aresán e a Sociedade Cultural O Tilo.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Pasou o Entroido en Ares!

Maiores e pequenos gozaron do Entroido este mércores dentro da programación que deseñou a Concellaría de Cultura durante a tarde. Chocolate quente, orellas, música ambiente,